Entradas

Visita á Serra de Forgoselo

Imagen
O pasado martes 17 de novembro ao alumnado da ESO foron de Excursión á Serra de Forgoselo, situada entre ois concellos de A Capela e As Pontes.




Durante esta actividade o alumnado traballou varios aspectos relacionados co currículo educativo:
En esta visita tiña como unha das finalidades valorar diversos aspectos ecolóxicos da zona. Como son as distintas paisaxes que podemos observar como as zonas de brañas, modelaxes graníticas e a peculiaridade desta Serra na que a explotación semiextensiva de gando equino e vacún, conxuntamente á explotación forestal, fai que se desenvolva un ecosistema de pastoreo característico no que destaca a ausencia en moitas zonas de monte baixo que engade ao valor paisaxístico unha protección fronte aos lumes.

Aspecto dunha das zonas de brañas. A intensa seca deste ano fai que zonas que antigamente nesta época do ano estaban encharcadas poidan ser agora transitables.

As formacións graníticas da zona engaden  un alto  valor paisaxístico a zona


A presenza de gando …

Visita as Covas do Rei Cintolo

Imagen
O día 26 de setembro o alumnado de 3º e 4º da ESO visitaron a localidade de Mondoñedo. Dita visita tiña como obxectivo coñecer un das paisaxes máis peculiares do territorio galego, como é unha das pequenas franxas de terreo calcáreo que temos na nosa comunidade. Este tipo de terreo ten a peculiaridade de ser facilmente erosionado pola auga formando cavidades subterráneas e outro tipo de formacións características que en conxunto denomínase paisaxe cárstico.




Así o alumnado realizou unha actividade de espeleoloxía percorrendo durante hora e media aproximadamente 400 m dos 7km que ten a cova. Durante a visita puideron observar diferentes formacións típicas deste tipo de relevo como estalactitas e estalagmitas, así como percorrer galerías, túneles e observar un pequeno lago subterráneo.


Ademais a xornada aproveitouse para visitar a localidade de Mondoñedo, antiga capital de provincia de Galicia, onde puidemos valorar o seu extenso patrimonio arquitectónico e histórico, entre o que ca…